{"product_id":"book-s2jp","title":"Avelaiñas Eléctricas","description":"\u003cp\u003eAvelaíñas eléctricas é a historia de dúas mulleres galegas na súa vintena, Olivia e Mariña, que ao remataren a carreira de Historia da Arte, e trala súa ruptura amorosa, marchan lonxe da casa, das familias e de todo canto coñecen para buscar un futuro e buscarse a si mesmas.\u003c\/p\u003e\u003cp\u003eAs voces das dúas protagonistas vanse alternando para expoñer as propias experiencias e o fondo dos seus pensamentos, debullando o pasado para comprender as circunstancias e tamén as decisións que as puxeron no lugar en que se atopan.\u003c\/p\u003e\u003cp\u003eOlivia, que agora vive en Barcelona e se gaña a vida como camareira, consegue que unha galería de arte acepte o seu proxecto artístico... Inda que decontado descubrirá que no mundo da arte non todo é o que semella. Mentres se afai á cidade, debe tamén facer fronte ás consecuencias de ter crecido nunha familia coa que non pode contar e da cal sempre foi e segue a ser responsable, mesmo na distancia.\u003c\/p\u003e\u003cp\u003eMariña consegue traballo nun museo de arte contemporánea. Entre descoñecidos, loita contra as pantasmas do pasado tratando de comprender o suicidio da súa tía Mar, ao tempo que agocha o medo, vergonza e dor dun trauma do pasado que a persegue cada día e a distancia de si mesma e do mundo que a arrodea.\u003c\/p\u003e\u003cp\u003eEnfiando as historias, as dúas protagonistas navegan os días e as súas vidas coa forza que se precisa para seguir adiante, distanciadas mais téndose sempre presentes.\u003c\/p\u003e","brand":"INAudio","offers":[{"title":"Audiobook","offer_id":50118879805744,"sku":"BDs2jp","price":6.83,"currency_code":"USD","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0879\/2784\/9264\/files\/s2jp-cover.jpg?v=1762813112","url":"https:\/\/downpour.com\/products\/book-s2jp","provider":"Downpour","version":"1.0","type":"link"}